Nigrán proxecta “Live is Life. La Gran Aventura” coa presenza do seu actor miñorano Javier Casellas

FOTO: ATRESMEDIA CINE // Javier Casellas, Adrián Baena, Juan del Pozo, Raúl del Pozo e David Rodríguez xunto co director Dani de la Torre.

O Concello de Nigrán continúa este martes 9 de agosto co seu ciclo de cine de verán coa película familiar “Live is Life. La Gran Aventura” de Dani de la Torre ás 22:30 horas na Praza do Concello. Na proxección estará presente Javier Casellas, adolescente gondomareño, un dos protagonistas do filme tras ter sido seleccionado nun casting realizado no propio Concello de Nigrán no ano 2019. O rapaz dará unha breve charla e falará da súa experiencia rodando esta película en Monforte de Lemos durante tres meses.

Verán 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e viaxa coa súa familia ao pobo galego dos seus pais para reencontrarse coa súa cuadrilla. Con todo, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real empezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separarlles. Aferrándose á amizade que lles une, os cinco amigos planean escaparse a noite de San Xoán en busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer que os desexos se fagan realidade. Porque o seu único desexo agora é resolver o problema do seu amigo en apertos, e con iso poder seguir xuntos.

O ciclo finaliza o martes 16 de agosto con “A todo tren. Destino Asturias”, unha aloucada road-movie para toda a familia dirixida por Santiago Segura.