Hoxe, organizada pola Federación Galega de Bolos, en colaboración co club de bolos Camos, celebrouse a final da Copa España de bolo celta nos campos de bolos de Camos (Nigrán). Participaron un total de 51 equipos de Asturias, Galicia e Madrid. A clasificación final foi a seguinte:
- Equipo campión: club bolos Xove (Lugo).
- Subcampión: club bolos Xunqueira de Gondomar.
- Terceiro clasificado: club de bolos Peitieiros (Gondomar).
- Cuarto clasificado: club de bolos Belesar Urgal de Baiona.
Paralelamente e durante toda a fin de semana, disputouse un torneo nacional organizado polo club de bolos Camos. Os campións por categoría foron:
- Chupetes: Erik do club San Miguel.
- Prebenxamín: Kevin Durán do club Portameán.
- Benxamín: María Rodríguez do club Estivada.
- Alevín: Nicolás Álvarez do club San Cibrán.
- Infantil: Pablo Pintos do club Gondomar.
- Cadete: Xenxo Salguero do club Xove.
- Xuvenil: Javier Alonso do club Xove.
- Individual Sénior: Alberto Martínez do club Belesar Urgal.
- Veteranos: José Rodríguez do club Mañufe.
- Superveteranos: Urbano Sotelo do club Camos.
- Feminina: Blanca Lago do club Estivada.
A próxima fin de semana celebraranse en Tineo e Cangas do Narcea de Asturias os Campionatos de España de bolo celta por equipos de primeira e segunda categoría, nos que participarán un total de 7 equipos galegos.

