Conferencia de Víctor Miguel Fernández sobre Ángel Bedriñana en Sabarís

O III Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras” chega ao seu ecuador este luns, 8 de agosto, cunha interesante conferencia do investigador Víctor Miguel Fernández acerca de “Ángel Bedriñana Meana: Príncipe del Azúcar y Padre de la Humanidad”. Será no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 horas.