Os Xigantes e Cabezudos volven ás rúas de Baiona

Os Xigantes e Cabezudos volveron este sábado ás rúas de Baiona tras dous anos de ausencia dentro da programación das festas patronais da Anunciada. A tradicional comparsa desfilou polo Casco Histórico partindo desde a Praza do Concello, pasando por Lorenzo de la Carrera, Ventura Misa, Elduayen, Carabela Pinta, Praza do Pai Fernando, Diego Carmona, Laxe, San Xoán e San Lourenzo.

A comparsa de Xigantes e Cabezudos está composta por dez cabezudos (A Ratiña, Popeye, Diaño, Napoleón, Negro, Negra, Pallaso cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato cabeza pequena e a Bruxa cabeza pequena) e dous Xigantes (Rei e Raíña), que bailaron ao son da música da Asociación Cultural “A Seneira” de Baiona. O domingo repetirase o pasarrúas ás 11:30 da mañá, nesta ocasión acompañados pola charanga Nova Cubana.