Anuncios
Ticker de novas

Gondomar traslada ao domingo o VIII Motomagosto

O Concello de Gondomar informa que a VIII edición do Motomagosto, prevista para este sábado, trasládase por motivos meteorolóxicos ao domingo día 14. O evento está organizado polo Moto Club A Cento Cien, contando coa colaboración da Concellería de Cultura. Ás 16:30 horas realizarase unha ruta moteira, que percorrerá as rúas do centro urbano e as parroquias do municipio, para regresar ao Campo de As Cercas, onde se repartirán de maneira gratuíta castañas entre todos aqueles que se acheguen, xa que o evento está aberto ao público en xeral, non só aos moteiros. Tamén haberá música, bebidas, sorteos e agasallos.

Anuncios