Carlos Núñez pon banda sonora ao solpor de Monteferro

O mellor gaiteiro do mundo volveu este venres ao mellor escenario do mundo co aforo completo. Carlos Núñez volveu enfeitizar ao público no miradoiro de Monteferro grazas á especial sinerxia coa natureza e o momento do solpor cara o Océano Atlántico e as Illas Cíes e Estelas. O espectáculo, que arrancou no 2020 e que por primeira vez púidose celebrar sen ningunha restrición polo Covid, forma parte da programación estival do Concello de Nigrán e encádrase na xira “Lugares Máxicos”. Para os máis atrasados, este sábado pola mañá repetiuse o concerto.

Carlos Núñez celebra os 25 anos do seu primeiro disco, o lendario “A Irmandade das Estrelas”, e faio cun novo disco, editado por Sony, con colaboracións especiais de Rozalén, Tanxugueiras, Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Glen Hansard, etc. No disco inclúense mostras do que hoxe se chama “folktrónica”, un formato xa explorado por Núñez ao longo da súa carreira e que reviviu no seu novo single con Baiuca, “Solstício”, lanzado con motivo do Entroido do que Celanova e Ourense teñen tanto que dicir.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.