Festas de San Lourenzo en Belesar

A parroquia baionesa de Belesar celebra as festas na honra de San Lourenzo. O martes 9 de agosto a orquestra Magos e o trío Mar de Arousa amenizarán a verbena, que comezará ás 22:00 horas. O mércores día 10 ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con sermón cantada pola Coral San Lourenzo de Belesar, e a continuación, sairá a procesión acompañada pola Agrupación Musical de Belesar. Ás 17:00 horas disputarase o partido de fútbol de solteiros contra casados, e pola noite, ás 22:00 horas, comezará a gran verbena coa orquestra Suavecito e o grupo Ritmo. As orquestras actuarán no novo recinto da Estivada, na Casa da Comunidade de Montes de Belesar.