Baiona destinará 622.642,33 € do remanente de tesourería a novos investimentos

O Concello de Baiona conseguiu un remanente de tesourería positivo dos exercicios de 2019, 2020 e 2021 que prevé destinar a novos investimentos. “Propoñeremos empregar 622.642,33 euros do remanente á execución de novos proxectos que consideramos fundamentais para os veciños”, explica o alcalde, Carlos Gómez Prado. Un remanente que se destinará a investimentos que se tratará no pleno deste venres. En concreto, este diñeiro será destinado a melloras de camiños, parques infantís, colexios ou a proxectos da área de urbanismo.

“Esta importante cifra de remanente alcanzouse grazas á boa xestión que se levou a cabo nos últimos anos no Concello de Baiona. Cumprimos así co noso compromiso de reinvestir o recadado no pobo”, destaca o rexedor. Gómez Prado insiste en que non se trata de “gastar por gastar”, pero tampouco se trata “de aforrar non atendendo as necesidades que teñen os veciños nos seus camiños, nos seus barrios…” sendo froito devanditos números dunha actividade “transparente e saneada que debe reinvestirse en melloras para os baioneses e baionesas”.

“Despois deste gasto en investimentos pecharemos o exercicio de 2022 cun importe de aproximadamente 1.500.000 euros”, finaliza o mandatario.