O Centro Cultural “A Merced” de Chaín celebra o domingo 7 de agosto a XXVI Festa do Xurelo Asado, a partir das 12:30 horas no recinto da Capela da Virxe da Merced de Chaín. A partir das 13:00 horas amenizarán a festa os grupos de gaitas Cores do Sobreiro de Borreiros, Os Trebellos de Baíña e as Pandereteiras do Sobreiro. Haberá ración de xurelo (2 unidades), empanada de xurelo (1 ración), tortilla de xurelo (1 ración), croquetas de xurelo (6 unidades) e empanadillas de xurelo (4 unidades). A ración de xurelo só se servirá baixo encargo. Recolleranse encargos ata o día 1 de agosto ás 22:00 horas no teléfono 640 606 643. O resto de racións serviranse sen necesidade de reserva.
Artículos relacionados
O CPA Gondomar recibirá 3.000 € do Concello para a súa viaxe a China
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, avanzou este venres que no próximo pleno propoñerá outorgar a cantidade de 3.000 € ao Club de Patinaxe Artística de Gondomar, co obxectivo de colaborar no financiamento da súa […]
O Apalpador chega este domingo a Baiona e Gondomar
O Apalpador visitará este domingo día 29 de decembro as localidades de Baiona e Nigrán para encher de ilusión e soños a todas ás súas crianzas. A xira desta figura tradicional galega e a súa […]
A Xunta publicará a próxima semana as primeiras axudas para a hostalería e o turismo
A Xunta comezará a publicar a próxima semana as convocatorias das axudas ás que se poderán acoller o turismo e a hostalería, dous sectores que están resultando especialmente afectados polas consecuencias da pandemia. Así o […]