O Pazo de Cea celebra “La Fiesta 2022” con Mikel Erentxun

Desde o ano 2015 o Pazo de Cea de Nigrán celebra “La Fiesta”, con concertos de artistas de renome, foodtrucks e un ambiente inigualable para facer que as noites de verán sexan inesquecibles. Este ano celébrase o 29 de xullo cos concertos de Combo Paradiso, Mikel Erentxun e Black Stereo. A continuación, seguirá a noite coa sesión de DJ.

Ás 21:30 horas, o cantante Mikel Erentxun ofrecerá un percorrido polos seus mellores temas. O artista presentará coa súa banda “Amigos de Guardia”, un traballo co que repasa os seus 37 anos de traxectoria a través das súas 20 mellores cancións, desde a etapa de Duncan Dhu ata a actualidade.

Os grupos Combo Paradiso e Black Stereo, referentes nas Rías Baixas do mellor jazz e soul, acompañarán a Mikel e a súa banda. O espazo gastronómico, con postos de comida para todos os gustos, ocuparano restauradores galegos, da área do Val Miñor, Vigo e Pontevedra. A apertura de portas será ás 18:00 horas.

As entradas, a un prezo de 25 euros, poden adquirirse a través da web de Pazo de Cea.