Morgadáns celebra as festas da Virxe do Libramento

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra o próximo domingo 31 de xullo as festas na honra da Virxe do Libramento. Ás 9:00 da mañá celebrarase unha Misa na Capela e ás 13:00 horas a Solemne seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas Asubío. Pola noite, a partir das 21:00 horas, o trío 3.com amenizará a verbena.