Grandes festas da Virxe do Carme en Praia América

Tras dous anos sen poder celebrarse, as grandes festas na honra da Virxe do Carme volverán a Praia América, en Nigrán. Arrancarán o sábado 30 de xullo coa actuación do showman Cristian e o cantautor Antonio Luz.

O domingo 31 a programación comezará ás 10:00 da mañá coa entrada e o pasarrúas da Banda de Música Unión Musical do Val Miñor. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne no campo de fútbol de Lourido seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música. Pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo Ritmo e o grupo revelación do verán desde Venezuela Los Coleguitas.

O luns 1 de agosto ás 17:00 horas celebraranse as grandes cucañas para os nenos. Ás 21:30 horas comezará o espectáculo “Camiñantes e Cantantes”, con La Ocaband e artistas invitados, que será retransmitido en directo a través da nova canle de televisión A Nove. Ás 00:00 horas será a gran tirada de lumes de lucería. A verbena estará amenizada por La Banda de Ayer.

O martes día 2 a verbena comezará ás 22:30 horas con DJ Isaak, e a continuación actuará a orquestra París de Noia.