As sardiñas asadas triunfan en Vilariño

A nova Comisión de Mulleres das festas de San Antonio de Vilariño celebraron este sábado unha gran sardiñada no Torreiro do Convento dos Pais Franciscanos. Baixo unha gran carpa e ao aire libre resistiron a calor uns seiscentos comensais que se deron cita a partir das oito da tarde ata a unha da madrugada aproximadamente. Tamén había empanadas de choco, luras, bacallau, tortilla, pementos de Padrón, e para finalizar sortearon entre todos os asistentes produtos para comer, entre eles tortillas, biscoitos, roscas e un xamón de cinco quilos, ademais de plantas.