Declarado un incendio forestal en Gondomar

Esta tarde declarouse un incendio forestal na parroquia gondomareña de Donas. Segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural o lume iniciouse ás 16:55 horas e quedou estabilizado ás 18:13 horas tras afectar a unha superficie de 0,7 hectáreas. Na súa extinción traballan 2 helicópteros, 3 motobombas, 6 brigadas e 2 axentes. A gran fumareda inicial foi visible desde boa parte da comarca do Val Miñor.