Xogadores e xogadoras do Turonia GFG participaron no europeo de Fútbol Gaélico

O europeo de fútbol gaélico de Pontevedra (14 ao 16 de xullo) foi intenso e Galicia acadou uns espléndidos resultados para o gaélico galego. O equipo feminino absoluto acadou a segunda praza, nun campionato de matrícula. O Turonia GFG aportou tres xogadoras: Silvia, Antonella e Raquel. O equipo masculino absoluto acadou a terceira praza tras perder nas semifinais contra Francia.

As alegrías viñeron dos equipos Development, que gañaron os seus torneos e provocaron o fervor da bancada. No feminino o club de Gondomar aportou dúas xogadoras: Iña e Ana. E no masculino un: Miguel. A Selección de Iberia masculina gañou o torneo Development Shield e tamén contou con varios representantes do Turonia: Rubén, Javier, Iago e Joe. A Selección feminina de Iberia tamén levou unha das súas rapazas: Lucía.

O Turonia GFG contribuíu en case todas as Seleccións Galegas, “feito do que non podemos estar orgullosos e sexa motivo para continuar medrando e que a xuventude miñorán se veña interesar por este deporte que permite acadar tan boas experiencias cun bo nivel competitivo”, apuntan desde o club.