O Concello de Baiona lamenta e condena os actos vandálicos desta fin de semana

O Concello de Baiona condena os actos vandálicos ocorridos durante a fin de semana no municipio contra o patrimonio vexetal e moble. O Concello lembra que Baiona “é de todos e todas e pide que se coiden e respecten os espazos públicos e privados. Este tipo de incidentes, ademais de provocar estragos e sucidade nas infraestruturas, co seu consecuente custo económico, tamén provocan prexuízos aos baioneses e baionesas e aos que elixen a nosa vila para gozar do verán, xa que afectan directamente ás vías públicas que todos e todas desfrutamos”, destacou o alcalde, Carlos Gómez Prado. O concelleiro considera que este tipo de actos vandálicos non teñen cabida nunha localidade como Baiona. Os operarios municipais do Concello procederon á primeira hora da mañá do domingo a realizar os labores de limpeza pertinentes para arranxar as rúas do municipio que sufriron os danos.