
O Concello de Nigrán continúa este mércores 20 de xullo coas súas andainas da programación de verán cun roteiro polo percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 20:00 horas na Ponte Romana da Ramallosa (non é preciso inscrición previa e é de balde) e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga. O 24 de agosto repetirase este mesmo roteiro á mesma hora e no mesmo punto de partida.
O seguinte roteiro será “A praia dos Afogados” o 27 de xullo desde a praia da Madorra, andaina baseada no libro de Domingo Villar (31 de agosto se repite). A continuación será un roteiro por Monteferro o 3 de agosto (saída desde a praia da Madorra) e outro polo Camiño Portugués pola Variante Litoral o 17 de agosto (saída desde a ponte románica da Ramallosa), sumado ao xa mencionado do día 24 de agosto. Todos partirán ás 20:00 horas para evitar a calor do día.