Ubaldo Rodríguez de Oliveira e Bryony Izzard gañan a XIII Subida á Groba

Ubaldo Rodríguez de Oliveira e Bryony Izzard proclamáronse este sábado campións absolutos da décimo terceira edición da Subida á Groba. A proba cicloturista organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona alcanzou os 111 participantes, repartidos nas categorías Júnior, Sénior e Veteranos nas modalidades de bicicleta de estrada e de montaña.

A proba, de carácter ciclo turista – ciclo deportiva de marcado carácter popular, de curta distancia pero de duro percorrido, 11 km. cun desnivel de 620 m. e unha porcentaxe de 5,6%, comezou ás 11:00 da mañá desde o Pavillón Municipal, sendo neutralizada cun percorrido de quecemento ata a rotonda de Baredo e volta, sendo a saída oficial á altura da Virxe da Rocha.

Na liña de meta, Ubaldo Rodríguez de Oliveira marcou un tempo de 30:10. En categoría feminina, Bryony Izzard, do Club Ciclista Olívico, completou a subida en 37:42. O primeiro baionés en cruzar a liña de meta foi Mario García Ontiyuelo, cun tempo de 31:11, e a primeira baionesa, Sandra Santodomingo, parando o cronómetro en 1:02:32.

Tamén recibiron trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, o participante de maior idade e o máis novo, Daniel Paz Antón e Miguel Alonso Durán respectivamente, e o gañador por equipos, que foi o Club Ciclista Olívico.

CLASIFICACIÓN XERAL_BTT_E ESTRADA

PREMIOS CATEGORÍAS E IDADE