Gondomar presenta a súa programación cultural de verán

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presentou esta mañá a programación cultural de verán “Gondocultura Verán 2022”. O rexedor destacou que “se trata dunha programación para todos os públicos, e que inclúe música de todos os estilos, danza, teatro, circo e ata un festival canino e que arranca tras o éxito das Festas de San Bieito que acaban de rematar”.

Gondocultura Verán arranca este ano o día 15 de xullo co concerto de Xisco Feijoó na Praza da Paradela e rematará 19 de setembro co Encontro Internacional de Música Tradicional e Folk “Miñor Sons”.

Paco Ferreira sinalou que sendo unha programación moi completa “aínda faltan algunhas sorpresas por desvelar”, así o rexedor local destacou que “Gondomar converteuse nestes últimos anos nun referente cultural en Galicia, con propostas moi vangardistas pero sen esquecer as nosas tradicións”.

PROGRAMACIÓN GONDOCULTURA VERÁN 2022

  • 15 de xullo – Xisco Feijoo en concerto “Peixe. Praza Paradela. 22:30 horas.
  • 16 de xullo – Rally das Donas. Praza Paradela. De 18 a 19 horas.
  • 17 de xullo – Ardelume en concerto. Praza Paradela. 22:30 horas.
  • 23 de xullo – Fantoches Baj “O tranvía Leonardo”- Praza Escolas Vellas. 20:30 horas.
  • 24-25 de xullo – Festival de Escolas de Danza (Ldanzia, Paradela, E. Danza Gondomar e Danzarte).
  • 28-30 de xullo – Festival de Danza Contemporánea ABANEA. Praza Paradela ás 21:00 horas.
  • 30-31 de xullo – XIRACAN – Festival Dog Friendly. Parque Canino de Gondomar.
  • 31 de xullo – Hermanos Cunha en concerto. Prque Canino de Gondomar. 21:30 horas.
  • 04 de agosto. Festival do Skate “Gondomarspot”. Skatepark Gondomar. 20:30 horas.
  • 05 de agosto- Sebastian Pitré en concerto “Concepto Nomade”. Casa Peralba. 21:30 horas.
  • 06 de agosto – Pablo Lesuit en concerto “Belorizonte”. Praza Paradela. 22:30 horas.
  • 07 de agosto – Indiana en concerto. Parque das Rosas. 20:30 horas.
  • 12-14 de agosto – Festival de Circo. Diferentes ubicaciones. 20:30 horas.
  • 15 de agosto- Cristian e o Ballet de Maria Rial “Humor e Flamenco”.
  • 19 de agosto – Sugar Pocket en concerto. Lugar por determinar. 22:00 horas.
  • 20 de agosto – Mesteño Blues en Concerto – Praza Paradela. 22:00 horas.
  • 21 de agosto – Mago Teto + Banda de Vincios. – Praza San Bieito. 21:30 horas.
  • 26 de agosto – Tabikon en Concerto. Lugar por determinar. 22:00 horas.
  • 03 de setembro – Cantares de Brión e Cantigas e Agarimos en Concerto “Proxecto Cantares no Miñor”- Praza Paradela. 20:00 horas.
  • 15-19 de setembro – Encontro Internacional de Música Tradicional e Folk “Miñor Sons”.