Reabre en Praia América a “caseta” de Juan María by lolola

O Centro Especial de Emprego Juan María de Nigrán reabriu este martes a súa “caseta” de Praia América. Este verán o seu horario será de 11:00 a 15:00 horas de luns a domingo. Na “caseta” terán á venda as novas coleccións de camisetas, carteiras e complementos. Para o acto, estiveron acompañados polo alcalde de Nigrán, Juan González, e o presidente do Centro Juan María, José Santoro. Este proxecto de Formación Dual está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Seguridade Social, e coa colaboración de grupo Davila-Termavi.