O alcalde de Nigrán visita aos nenos e nenas do Campamento Municipal de Verán 2022

O alcalde de Nigrán, Juan González, xunto á edil de Igualdade, Patricia Diego, de Facenda e Desenvolvemento Local, Raquel Giráldez, e a edil de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto, acudiron onte ao CEIP Humberto Juanes para visitar ás crianzas do “Campamento de Verán 2022” organizado polo Concello co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar da veciñanza. A principal novidade deste ano é a ampliación do número de prazas, pasando do récord de 120 do 2021 ás 180 actuais, todas de Nigrán, un aumento de case un 50% e dun 100% nos últimos 3 anos.

Neste campamento municipal participan crianzas empadroadas en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvólvese desde o día 27 de xuño ata o 29 de xullo de luns a venres. A maiores, coa colaboración dos clubs, o Concello organiza campus deportivos semanais (todos se poden consultar na web http://www.nigran.es).