Nigrán abre o prazo para inscribirse na festa do Día dos Avós

O Concello de Nigrán abre este xoves e venres 14 e 15 de xullo o prazo de inscrición para participar na festa do “Día dos Avós” o martes 26 de xullo na Asociación de Veciños “Monteferro” de Panxón (Praza D. Manuela, 4 – A Porqueira). Está dirixida a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e os interesados deben apuntarse telefoneando ao 986365000 de 10:00 a 13:00 horas, sendo o límite de aforo 75 persoas.

A xornada comezará cun photocall profesional de agasallo, almorzo a partir das 14:00 horas a base de empanada, paella, sobremesa, bebidas e café (necesario que cada comensal leve os seus propios cubertos). A continuación, ás 16:00 horas, haberá unha sesión de bingo e ás 18:00 horas a actuación do grupo “Los alegres del Val Miñor”. O obxectivo é vivir unha xornada festiva nun ambiente familiar e distendido. Cada ano o Concello celebra esta festividade que se fixo coincidir co día de San Xoaquín e Santa Ana.