A baionesa Iria Ludeña proclámase campioa galega de pista coa súa compañeira Irea Alonso

O Complexo Deportivo David Cal situado no encoro de Pontillón do Castro de Verducido, acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de Pista para a categoría cadete. A baionesa Iria Ludeña proclamouse campioa galega en K2 500 xunto coa súa compañeira do Club Kayak Tudense, Irea Alonso, cunha marca de 2:05,22. Ademais, conseguiu a medalla de bronce en K4 500, xunto coas súas compañeiras de club Irea Alonso, Ana Álvarez e Daniela Álvarez.