Nigrán abre o prazo para solicitar axudas á compra de libros de texto e material escolar

O Concello de Nigrán convoca axudas destinadas á adquisición de libros de texto e/ou material escolar para alumnos/as de Educación Infantil matriculados en colexios públicos do municipio. Estas axudas poderán ser solicitadas polas familias dos nenos/as que estean empadroados en Nigrán e non superen o límite de recursos establecidos. O prazo para presentar as solicitudes é desde o 6 ao 27 de xullo de 2022 (ambos os dous incluídos) e farase a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello mediante cita previa no ‪986.365.000‬; ou ben presentando a solicitude e demais documentación directamente no Rexistro. A resolución das axudas foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do martes 5 de xullo.