Ainhoa Repáraz queda a un suspiro do bronce na final do europeo Sub-18

A atleta da Sociedade Atlética Val Miñor Ainhoa Repáraz disputou esta tarde a final dos 100 ml no Campionato de Europa Sub-18, que se segue disputando en Xerusalén. Despois de pulverizar onte nas eliminatorias o crono batendo o récord de España Sub-18 e o récord de Galicia Absoluto da devandita distancia, hoxe disputou á primeira hora da tarde as semifinais, gañando a súa serie, e accedendo así á gran final do europeo da categoría.

En dita final, Ainhoa estivo a un suspiro de gañar a medalla de broce, escapándoselle por tan só 3 décimas, facendo Ainhoa un tempo de 11.61, e quedando o bronce en 11.58. Enorme actuación desta nova atleta baionesa, que ao longo do ano non deixou de dar alegrías, ao seu club, á súa familia e ao seu adestrador, sendo todo un exemplo para os nenos e nenas que se inician no atletismo e adestran no seu club, a Sociedade Atlética Val Miñor.