Tradicionais “poxas” de San Antón en Vilaza

Este sábado celebráronse na parroquia gondomareña de Vilaza as “poxas” de San Antón. Na tradicional poxa, a cargo de Carlos Riveiro, pagáronse entre 5 e 10 euros por botellas de viño, entre 15 e 30 por pombas ou entre 15 e 20 por unha caixa de patacas.

Os asistentes tamén puideron adquirir plantas por entre 9 e 55 euros, unha parella de pitos por entre 15 e 30 ou periquitos por 30 euros. O máis cotizado foi un pavo, que se vendeu por 50 euros, unha parella de coellos por 70, e un lacón e unha rosca doada por Copena de Gondomar, que alcanzaron os 75 euros.

A programación festiva finalizará este domingo día 3 de xullo. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión. Ao finalizar actuará o grupo de gaitas Malas Herbas, e ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais cucañas.