Marcos Vila, Yago Ferreira e Adrián Méndez gañan a XII edición da travesía a nado Costa Serena

O nadador do Club Natación Pabellón de Ourense, Marcos Vila Cid, impúxose na XII edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán no percorrido de 4.000 metros, cun tempo de 00:47.39. Vila Cid, gañador en 2016 e 2019, chegou a meta a escasos tres segundos por diante do nadador do Club Natación Liceo da Coruña, Xoel Cubeiro Rosende (00:47:41), e o nadador do Club Natación Ciudad de Santiago, David Rodríguez Lago (00:48:22). Na categoría feminina, a vencedora na distancia de 4.000 metros foi a nadadora do Real Club Náutico de Vigo, Estíbaliz Bugallo Pérez, cun tempo de 00:52:21. En segunda posición, impúxose a nadadora Belén Pombo López (00:55:24), completando o podio Tania Alcalde Balado, cun tempo de 00:57:52.

Na categoría sen neopreno na proba de 4.000 metros impúxose o nadador do Club Natación Escualos, Jesús Carlos Quintas (00:55:02), seguido de Gerardo Collazo Esmorís (00:55:05) e Baltasar García Pérez-Schofield (00:59:50). Na categoría feminina, gañou Vanesa Rodríguez Pérez (01:04:10), por diante de Julia Chamosa Martín (01:10:16) e Marta Abreu Fernández (01:21:27). Neste percorrido, participaron máis de 150 nadadores.

Na proba de 2.700 metros, con preto de 100 nadadores, o vencedor na categoría masculina foi o nadador do Club Natación e Salvamento de Vilagarcía, Yago Vicente Ferreira (00:36:05), seguido de David Moya Bracero (00:38:34) e Jorge Massó Aguado (00:38:55). Na categoría feminina impúxose a nadadora do Club Tizona de Burgos, Sara Fernández Pérez (00:39:35), por diante de Ester del Monte Millán (00:42:19), do Club Mirasierra, e Marta Alonso Rodríguez (00:44:10).

Na categoría sen neopreno na proba de 2.700 metros impúxose David Castro Villar (00:40:45), por diante de Manuel García Molero (0059:09).

No percorrido de 800 metros gañou o nadador do Club Natación Galaico, Adrián Méndez-Benegassi (00:09:25), seguido de Oliver Rocha González (00:09:28) e Pablo Martínez Cardona (00:09:43). Na categoría feminina, proclamouse gañadora Gisèle Rocha González (00:09:53), superando a Alba Castro Cidras (00:10:38) e María González Rodríguez (00:10:39). Esta proba disputouse en paralelo á costa, e contou con máis dun centenar de participantes.

Así mesmo entregáronse premios especiais ao primeiro nigranés (José Villacieros), nadador máis novo (Jeyden Jael Silva Guerrero) e máis veterano (Manuel Cruces Prado).

No mar, os nadadores estiveron acompañados por diversas embarcacións de Protección Civil de Vigo e Val Miñor, Búsqueda y Salvamento Ría de Vigo e Garda Civil do Mar, así como kayakistas do Club Marítimo de Panxón e pádel surf de Spahire Ladeira Beach Club. A organización contou ademais coa colaboración da asociación de voluntarios de Vodea.

Un total de 450 nadadores participaron na XII Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que reuniu a nadadores de máis de 50 clubs de natación de 9 Comunidades autónomas, ademais de nadadores de Portugal, Inglaterra, Brasil e Estados Unidos, con idades entre os 4 e 72 anos. Nesta edición, rexistrouse un récord de participación de mulleres, con 150, o 34% do total, e de nenos, con preto de 50 nenos que participaron nos percorridos infantís de 50 e 150 metros.

Paralelamente á proba celebráronse varias actividades como sesións de zumba a cargo das monitoras, Nuria Mendes e Elena Castro, que animaron aos nadadores e público en xeral antes do comezo de cada un dos percorridos en Praia América.

Tras a celebración da travesía todos os nadadores puideron gozar dun aperitivo no Club Marítimo de Panxón, grazas á colaboración da empresa Atunlo.

A travesía a nado Costa Serena, organizada polo Club deportivo Tumetapersonal, o Concello de Nigrán e Atlantic Extreme Sports, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, Abanca, o concesionario Renault Rodosa, Gadis, Centro Comercial A Ramallosa e Atunlo. Tamén colaboran Powerade, Frutas Sol, Arena, Club Marítimo de Panxón, Froiz, Prado Surf, Valmiñor Ébano, McDonald’s Rías Baixas, Protección Civil do Val Miñor e Vigo, Asociación Vodea, Waira, Kailúa, Ángel Leirós Motos, Talaso Atlántico, Comunica e Clubnatacion.com, entre outros.