A Garda Civil intercepta unha motocicleta na que ían tres persoas, dúas delas sen casco

O pasado mércores no km. 1 da EP-9305, polígono industrial de Xil-Meaño, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, dá o alto a unha motocicleta na que circulaban tres persoas, unha delas como pasaxeiro no oco entre o condutor e o guiador, a outra, tamén como pasaxeiro no asento posterior. Soamente o condutor facía uso do caso de protección homologado.

Identificado o condutor, de 21 anos e veciño de Cambados, compróbase que carece de permiso de condución e de seguro obrigatorio da motocicleta, lanzando ademais resultado positivo en alcoholemia. Por iso, investígaselle por un delito contra a seguridade viaria, por conducir carecendo de permiso, o que conleva unha pena de prisión de tres a seis meses, ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

As dilixencias son remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda dos de Cambados. Esta persoa xa conta con máis dilixencias instruídas por feitos similares.

Tamén é denunciado administrativamente por alcoholemia positiva, o que supón unha infracción grave cuxa sanción é de 1.000 €, outra por carecer de seguro obrigatorio, cuxa sanción é de 1.250 €, e outra por superar as prazas permitidas transportando a un pasaxeiro en lugar inadecuado, cuxa sanción é de 200 €. Así mesmo ambos os dous pasaxeiros foron denunciados por non facer uso do casco homologado, o que supón unha sanción de 200 € para cada un deles.