A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía galega a doar sangue nos meses de verán

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes A Positivo, A negativo e 0 Positivo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Polo que cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como sucede durante a época estival, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue durante os meses de verán.

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Mércores 29 de xuño
Polígono Piadela – GADISA (Betanzos), A Laracha, Juan Flórez (A Coruña), Melide, Palmeira (Ribeira), AGASP (A Estrada), Tenorio (Cerdedo-Cotobade), A Cañiza, Gondomar, Antas de Ulla, Rábade, Lobeira, Bande, Bº Barrocanes (Ourense).
Xoves 30 de xuño
Valdoviño, Monte Alto (A Coruña), Buño (Malpica), Padrón, Pobra do Caramiñal, A Estrada, Salvaterra do Miño, Tameiga (Mos), Sarria, Barco de Valdeorras.
Venres 1 de xullo
C.C. Odeón (Narón), Carballo, Cantón-Obelisco (A Coruña), Ribeira, Hospital do Barbanza (Ribeira), Marín, Baiona, Fornelos de Montes, Burela, Verín.
Sábado 2 de xullo
C.C. Odeón (Narón), Carballo, Ribeira, Marín, Baiona, O Cádavo (Baleira), Castroverde.