O Val Miñor inicia a tempada de verán con 23 socorristas

Un total de 23 socorristas presentáronse onte ás probas prácticas celebradas na Praia da Ladeira en Baiona e comezarán a traballar nos areais do litoral desde este mesmo venres. Mañá mércores procederase á elección do coordinador e todo apunta a que por primeira vez cubriranse as 31 prazas dispoñibles coa incorporación dos efectivos en segunda convocatoria que aínda están a rematar as horas prácticas de formación.