O nigranés Anxo Carril e o gondomareño Danny Buba, campións galegos de XCO

FOTO: LUZ IGLESIAS // Anxo Carril no máis alto do podio.

Un dos principais templos do ciclismo galego acolleu este domingo o gran evento anual do Cross Country Olímpico autonómico. O Campionato de Galicia XCO 2022 celebrouse na localidade ourensá de Maceda con máis de 180 inscritos e trece títulos en xogo.

A emoción na carreira estrela do programa masculino centrouse na loita pola terceira praza absoluta. Acadouna o nigranés sub23 Anxo Carril (Coruxo), quen ademais de proclamarse campión da súa categoría, resolveu ao seu favor por 19’’ o duelo co elite Manuel Parada (Xesteiras).

Na carreira dos xuvenís masculinos a pugna polo título autonómico estivo moi igualada, co gondomareño Danny Buba (Coruxo) acadando o título por 23’’ de diferenza respecto a André Martínez (Avanza-O Porriño), que dobregou nos últimos metros a Iván Belmonte (Padronés-Cortizo).

A clausura da xornada púxose cunha cerimonia de entrega de premios na que participaron o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o médico da proba e concelleiro Celso Sánchez; o director xeral do Grupo Academia Postal, Francisco Novoa; o presidente do Clube Ciclista Maceda, Xulio Conde; e o directivo da Federación Ciclismo Galego, Óscar Sánchez.

O calendario autonómico de XCO continuará en xullo coas dúas últimas xornadas da Copa Galicia, o 9 de en Cuntis e o 17 en Ribadumia.

Sub23 masculino

  1. Anxo Carril (Coruxo)
  2. Diego Marnotes (MPC Terras de Cea)
  3. David Aragunde (Armenteira e Punto)
FOTO: LUZ IGLESIAS // Anxo Carril no máis alto do podio.

Júnior masculino

  1. Danny Buba (Coruxo)
  2. André Martínez (Avanza-O Porriño)
  3. Iván Belmonte (Padronés-Cortizo)
FOTO: LUZ IGLESIAS // Danny Buba no máis alto do podio.