
O Gondomar Acro Club participou con seis ximnastas no Campionato Escolar de ximnasia acrobática celebrado o pasado sábado no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra. Para Uxía, Ana, Martina, Jimena, Alba e Mara foi o seu debut na competición. Competiron na categoría benxamín formando equipos de parellas femininas e, a parella de Alba e Mara conseguiu subir ao segundo caixón do podio.
“Encántame a competición escolar porque nela hai moitísima ilusión e inocencia por parte das ximnastas, nunca sabes que é o que poden facer ao chegar ao tapiz pero o sorriso sempre está presente. Cando empezamos esta tempada estas nenas viñan “probar” que era a ximnasia acrobática. Vendo a súa evolución comenteilles a oportunidade que tiñan, decidiron experimentar co único obxectivo de gozar do momento e… a sorpresa chegou coa prata de Alba e Mara que tan só levan un mes xuntas e por moi pouco non subiron como club ao terceiro caixón. Un gran peche de tempada para o noso club”, comenta a adestradora Cristina Castro.
Resultados:
Categoría Benxamín Escolar:
- Parella feminina: Alba María Alonso e Mara Vilaboa, medalla de prata.
- Parella feminina: Martina Aramburu e Jimena Méndez, 5ª posición.
- Parella feminina: Uxía Vázquez e Ana Muíños, 6ª posición.
Clasificación por clubs:
- Categoría Benxamín Escolar: 4ª posición