Post-San Xoán en Vincios

A Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, en colaboración coa Comunidade de Montes, organiza o sábado 2 de xullo a partir das 22:00 horas na Casa Reitoral de Vincios unha festa Post-San Xoán. Haberá churrasco e a noite estará amenizada pola charanga Vai de Baile. O obxectivo é recadar diñeiro para as Festas de Santa Mariña 2022.