6º Festival Folclórico Vila de Baiona

Este sábado, 2 de xullo, ás 21:00 horas, a Praza do Concello de Baiona acollerá o 6º Festival Folclórico Vila de Baiona, organizado pola Asociación Folclórica Vila de Baiona. As e os asistentes poderán gozar do mellor baile e música tradicional. Entre os grupos participantes atópanse o Grupo Folclórico Raíces Urdeñas (Urda. Toledo), a propia Asociación Folclórica Vila de Baiona, as Pandereteiras de Monte Boi e A Seneira.

Desde a Asociación Folclórica Vila de Baiona queren presentarnos nesta edición un cartel da actuación do 6º Festival cunha gran novidade: a incorporaron dun código QR para discapacitados visuais. Ao activalo, enlaza ao YouTube da asociación, onde se pode escoitar a información do cartel. Una cartelería moi especial e inclusiva.