Brais García e Ismael Fernández, dos clubs Belesar Urgal e San Cibrán, campións galegos de bolos celta

Nos campos da Casa de Cultura de Camos o campionato de primeira, resultando campión galego o xogador do club de bolos Belesar Urgal Brais García. Diego Pérez do club de bolos O Sobreiro proclamouse subcampión. Diego Camesella do club de bolos Peitieiros e Cristian Rodríguez do club de bolos Xove foron o terceiro e cuarto clasificado respectivamente.

En segunda categoría o campión galego foi Ismael Fernández do club de bolos San Cibrán. Laureano Miniño do club de bolos Baredo proclamouse subcampión. Óscar Martínez de bolos Baredo foi o terceiro clasificado, e Alejandro Pino de bolos Santa Eulalia o cuarto.

Mañá xogarase a fase final dos campionatos galegos de parellas de primeira categoría en Camos e o de segunda en Gondomar e Medialdea.