Galicia en Danza de Baiona desprázase a San Sebastián para participar na final mundial da “Dance World Cup”

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Deportes, Miriam Costas Iriarte, acudiron esta mañá a despedir ao equipo de competición da escola “Galicia en Danza” de Baiona, que participará na gran final mundial da “Dance World Cup” en San Sebastián do 24 ao 2 de xullo. Un total de 33 nenos e nenas competirán representando á súa escola e á vila de Baiona nesta gran final. Rexedor e concelleira achegáronse ata a entrada do Parador Conde de Gondomar, punto de saída do colectivo de bailaríns e bailarinas, para desexarlle os mellores éxitos e animalos a que gocen da experiencia ao máximo.

Competirán nas seguintes disciplinas: clásico, contemporáneo, jazz, showdance, acro e hip-hop e serán valorados por un xurado internacional especializado en cada categoría. Da semifinal que tivo lugar en Burgos o pasado mes de marzo, clasificáronse 23 coreografías resultando premiadas con 5 medallas de ouro, 7 de prata, 2 de bronce, 9 clasificados extra, 3 bolsas (unha bolsa New Talent e dúas bolsas Ateneo da Danza), 5 premios entre eles ao mellor vestiario para “Fruta”, á mellor coreografía para “Kings of Birmingham”, á mellor interpretación para “Alice”, premio do público para “Cronología”, premio honorífico Shelley Kin á Escola por promover os valores da Danza.

Este ano ademais a aula de competición participou tamén nos seguintes concursos a nivel nacional: o 24 de abril ao @globaldanceopen de Stiges, Barcelona, con 4 coreografías, alcanzándose cunha medalla de ouro, unha de prata e 2 dúas de bronce; do 29 de abril ata o 1 de maio, no 10º trofeo de baile, no Evento Internacional de Disciplina de Baile, Vigo Porté, conseguindo 7 medallas de ouro, 5 de prata e 5 medallas de bronce, premio á mellor coreografía grupos Mini (Integration), premio á mellor coreografía só/dúo/trío infantil (Unstoppable) e unha bolsa ao Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma.

Unha multitude de premios e galardóns que sitúan a Galicia en Danza de Baiona entre as mellores escolas de danza galegas. Goméz Prado lles agradeceu que “leven o nome do noso municipio máis aló das nosas fronteiras. Desexámoslles moita sorte”.