Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este luns en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este luns, 20 de xuño, o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Concello, en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.