O nigranés Ricardo Cortizo proclámase subcampión galego

As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron este sábado o Campionato Xunta de Galicia Sub-23 individual e de combinadas con preto de 175 inscritos. O atleta de Nigrán Ricardo Cortizo “Richi”, da Sociedade Atlética Val Miñor, alzouse coa medalla de prata e o subcampionato galego nos 400 metros, cun tempo de 50.93.