
Mentres que parte do Club de Patinaxe Artística Gondomar atopábase en Ourense, participando no Campionato Galego de patinaxe artística grupos show de segunda categoría, a outra parte atopábase realizando a tradicional alfombra floral de Corpus de Gondomar, coa colaboración do concelleiro de Cultura Juan Bas, quen ideou o proxecto tridimensional en 360 graos.
A pesar das inclemencias climáticas que provocaron a desfeita inicial do tapiz, os integrantes do CPAG renovaron os labores de confección e de perfilado, alfombra repleta de flores variadas como hortensia, rosa, buganvilla, flor toxal, pampillo, gardenias, crista galli, flores de gran colorido. A tonalidade verde composta por variado de mimosa, mirto, túa, fiúncho entre outras, compoñendo así un auténtico tapiz floral no que tes que penetrarte para visualizar a súa composición e profundidade.