Baiona apraza o roteiro musical “Sons do Casco”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, informa do aprazamento do 7º roteiro musical “Sons do Casco”, que se ía a celebrar este venres e sábado, 17 e 18 de xuño. A decisión atende ás previsións meteorolóxicas previstas para esta fin de semana, pois non aseguran unha boa climatoloxía e ante o risco de choiva decidiuse aprazar. A nova data está aínda por determinar.