Sin categoría

O Villa de Baiona chega á súa XXX edición

Sen dúbida un torneo histórico na contorna dende tres décadas o Villa de Baiona volveu despois dun parón pola pandemia, e volveu con forza, máis de 400 xogadores pasarán polo Pavillón Municipal de Deportes.

Dividido en dúas fins de semana, a pasada, na que participaron máis de 40 equipos de base de diversos equipos de Pontevedra e que ocupou as xornadas do sábado e domingo.

A vindeira fin de semana chega a hora dos sénior coa participación de 14 equipos e con xogadores de alto nivel.

O torneo está organizado polo club Baíña Fútbol Sala en colaboración co Concello de Baiona.