O club Belesar Urgal campión da primeira división da liga galega de bolos celta

Esta fin de semana finalizou o campionato de liga galega de bolos celta nas súas tres divisións.

En primeira resultou gañador o club de bolos Belesar Urgal de Baiona, descendendo a segunda división os dous últimos clasificados, bolos Camos de Nigrán e Bolos Sobreiro de Gondomar.

En segunda división resultou gañador o club de bolos Peitieiros de Gondomar, ascendendo a primeira división xunto co club de bolos Estivada de Baiona. Descenderon a terceira división os clubs Forcadela de Tomiño e o club Baredo de Baiona.

Na terceira división resultou gañador o club de bolos Gondomar, ascendendo a segunda división xunto co club de bolos San Roque de Nigrán.

A próxima fin de semana comezarán en Camos os campionatos de categorías inferiores, categorías prebenxamín a infantil, así como o campionato feminino.

A seguinte fin de semana xogaranse os campionatos galegos individuais e de parellas de primeira e segunda categoría.

Dende a Federación Galega de Bolos queren felicitar os equipos gañadores das distintas ligas, e tamén a todos os demais equipos participantes pola súa deportividade e comportamento exemplar mostradas durante todo o campionato.