
O barrio de Vilariño, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa, celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Antonio. O venres 17 ás 21:00 horas unha gran tirada de fogos marcará o inicio dos festexos, e ás 23:00 horas comezará a verbena, amenizada polas orquestras Los Players e La Ola ADN.
O sábado día 18 ás 18:00 horas terán lugar as grandes “poxas”, a cargo de Carlos Riveiro, e pola noite, a verbena correrá a cargo das orquestras Miramar e desde Venezuela Los Coleguitas.
O domingo 19 a programación comezará ás 10:00 da mañá cun pasarrúas a cargo da Agrupación Musical de Belesar. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con posterior procesión na honra de San Antonio acompañada pola mesma Banda de Música. Ás 21:00 horas comezará a verbena co grupo D’Líder.