Podemos Baiona convoca a súa asemblea anual

O Círculo Podemos Baiona celebrará este domingo, ás 12:30 horas, unha asemblea municipal coa militancia do partido, na aula B do Multiusos Ángel Bedriñana. Na asemblea, entre os puntos a tratar segundo a orde do día, farase unha análise do traballo feito ata o de agora dende as últimas eleccións municipais, elixirase o novo Consello Cidadá Municipal, reorganizaranse os actuais grupos de traballo e elixirase a nova portavocía, sendo a persoa elixida pola militancia como voceira/o, previsiblemente, cabeza de lista para as próximas eleccións municipais que se celebrarán o ano que vén.

Á asemblea asistirán a actual portavoz provincial de Podemos Galicia, Lucía Chamorro, e o secretario de organización, Borja San Ramón.

Dende a formación, o seu portavoz, José Ramón Estévez, traslada á militancia a necesidade de participar na asemblea. “Gustaríanos contar coa vosa voz e opinión para o futuro da formación local”.

Para rematar, darase a palabra á militancia para tomar o pulso fronte a situación actual do partido e de cara aos comicios das próximas eleccións municipais.