“Campeones” pecha o ciclo de cine ao aire libre de Baiona

Este sábado 31 de agosto ás 23:00 horas finaliza o ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. O último título que baioneses e visitantes poderán ver na Praza do Concello é “Campeones”, na que Marco, un adestrador profesional de baloncesto, atópase un día, no medio dunha crise persoal, adestrando a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual. O que comeza como un problema acábase convertendo nunha lección de vida.

Anuncios