O IES Auga da Laxe organiza o Laxefest

Este próximo sábado 11 de xuño a partir das 20:00 horas celebrarase no patio interior do IES Auga da Laxe o Laxefest, un festival de música que contará coa actuación de Vladimir, Nere & Amigo, Los Cazadores Demócratas e Los Afrancesados, grupos residentes dos Obradoiros de Música Auga da Laxe 21-22, dirixidos polo profesor Sergio Álvarez.

A entrada é libre e haberá servizo de cafetería, para que as persoas asistentes poidan tomar algo mentres desfrutan da música en directo. Este festival é unha oportunidade única para coñecer o traballo que fai o alumnado desde os obradoiros de música, unha das actividades complementarias que enriquecen o proxecto educativo do instituto.