Charla sobre a historia da CEMMA

Este venres día 10 de xuño, e dentro dos actos conmemorativos dos 30 anos da CEMMA, terá lugar unha charla retrospectiva sobre a historia da CEMMA, desde os seus inicios no ano 1992 ata a actualidade. A charla, a cargo do Dr. Alfredo López, membro fundador da entidade e actualmente persoal investigador da Universidade de Aveiro.

A CEMMA puxo en marcha unha exposición no Centro de Interpretación Ambiental da Siradella no Grove, en lembranza da primeira exposición inaugurada no mesmo centro no 1994. A exposición conta con paneis e material óseo provinte dos varamentos e estará instalada no centro os meses de maio e xuño.

O acto dará comezo ás 17:00 horas cunha visita guiada á exposición e continuará as 18:00 horas coa conferencia e posterior debate.