Sin categoría

Baiona mellora a rede de saneamento na Rúa San Damián, na Percibilleira

O Concello de Baiona finalizou as obras de renovación de tubaxes de saneamento na Rúa San Damián, no barrio da Percibilleira. Trátase dunha renovación da rede de saneamento para optimizar o seu rendemento e mellorar a prestación deste servizo básico ás veciñas e veciños da zona, que viñan padecendo fugas mesmo nas súas vivendas.

O concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, destaca que “con esta actuación ponse solución a unha problemática neste núcleo de poboación e aténdese a petición da veciñanza”.

O Alcalde, Carlos Gómez Prado, destacou a importancia dunha obra “que dá continuidade á mellora de infraestruturas e servizos básicos dos diferentes barrios e parroquias”. O rexedor lembra que a dotación destes servizos aos núcleos da localidade “foi, e segue sendo, unha das nosas prioridades”.