Aparece unha toniña morta varada na Praia da Madorra

A primeira hora da tarde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños recibiu unha chamada avisando dun cetáceo varado morto en Nigrán. Tratábase dunha toniña, Phocoena phcooena, duns poucos meses de vida, unha femia de 120 cm de lonxitude. Segundo indicou a CEMMA pesentaba indicios de morte por captura accidental en redes.

A toniña está catalogada como en perigo de extinción en España, e en Galicia a taxa de mortandade por captura accidental pasou do 30% nos anos 90 ao 50% na última década.

A Rede de Varamentos de Galicia conta co apoio da Fundación Biodiversidad a través do proxecto REVARGAL, e da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia a través do convenio subscrito con CEMMA.