Sin categoría

Xornadas multiaventura dos coles do Porriño nas praias de Nigrán

Os nenos e nenas dos colexios do Porriño disfrutan estes días de xornadas multiaventura no marco da Semana Branca, que se celebra dun xeito diferente: con area, sol e mar.

Durante uns días, o alumnado participa nesta actividade organizada pola asociación Semana Branca en colaboración co Concello do Porriño. Celébrase nas praias de Nigrán e os pequenos e pequenas realizan múltiples actividades deportivas como vóley praia, kayak ou surf na escola de Patos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo , e a concelleira de Educación, Carolina González, compartiron hoxe con eles un ratiño de aventura, xogaron ao vóley cos nenos/as e profes e conversaron sobre todo o que farán hoxe. “Este tipo de actividades son moi enriquecedoras para eles e velos disfrutar xuntos/as é moi satisfactorio”, concluíu o alcalde, “despiden un curso e unha etapa, que mellor maneira de facelo que divertíndose cos seus compañeiros”.